Saturday 27 de April de 2024

O martes comezan as escavacións do túnel de Sol y Mar


O vindeiro martes darán comezo as escavacións para facer o túnel de Sol y Mar. Mentres dure esta parte da obra, o tráfico vai ir polos carrís de servizo, que xa están rematados, agás os vehículos pesados que non van poder circular por alí e serán desviados.

“É unha magnífica noticia. Se todo vai ben, no mes de setembro debería estar finalizada a obra”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Desde a Demarcación de Estradas tamén comunicaron que a noite do luns ao martes, coincidindo co desvío do tráfico, procederase a cambiar de situación o actual semáforo peonil pasándoo á zona da praza de Agramar/praza de Areeiros.